Fundación
Axencia Humanitaria
de Galicia
Fundación
Axencia Humanitaria
de Galicia

Quen Somos,

A Fundación Axencia Humanitaria de Galicia (FAHG) é unha fundación pública constituída en Santiago de Compostela o 30 de xullo de 2003 e clasificada de interese benéfico social e de interese galego en outubro de 2003.

Segundo o Decreto 303/2009 do 21 de maio que establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia Administracións Públicas e de Xustiza da Xunta de Galicia, a FAHG, esta situada no ámbito competencial da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea.

É unha entidade carente de ánimo de lucro dedicada a intervencións de carácter humanitario a prol das poboacións vítimas de crises humanitarias, desastres ou conflitos que se produzan fóra do ámbito territorial galego. Temos por obxecto coordinar esforzos e concentrar recursos destinados a levar a cabo actuacións de Axuda Humanitaria, mellorar as condicións de vida das poboacións afectadas polas crises humanitarias, desastres ou en casos de urxente necesidade, mediante a prestación de asistencia de forma rápida e eficaz e segundo criterios de necesidade e vulnerabilidade. Asimesmo, realizamos actividades formativas que teñen como finalidade a capacitación de voluntarios e profesionais en materia de acción humanitaria, así como campañas de sensibilización.

Novas

Perfil do contratante

Descargar
logotipos
Rúa dos Feáns, 3C Baixo 15706
Santiago de Compostela (A Coruña)
Tel: 981 957 935

Aviso Legal
© Fundación Pública Axencia Humanitaria de Galicia